ÁLEX FIUZA REXISTRA UNHA MOCIÓN PARA INSTAR AO GOBERNO LOCAL A ALEGAR CONTRA ALTRI

Solicita a implicación da corporación para enfrentar unha problemática común a todos os concellos bañados polo Ulla.

No DOG do día 4 de marzo de 2024 saíu publicado o anuncio da Secretaría Xeral de Industria polo que se somete a exposición pública a AAI, o EIA, a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria de fibra textil a base de celulosa promovida por Greenfiber S.L. no concello de Palas de Rei. ( proxecto Altri).

O concello de Vila de Cruces non quedaría libre do impacto ambiental de implantarse está industria, afectando directamente ás augas das dez parroquias cruceñas bañadas polas augas do río Ulla.

No cal se preve un consumo de 46.000m3/día (máis do10% do volume medio de auga do encoro de Portodemouros).

Afectación ao bo estado das augas ao soportar un verquido de 30.000m3/día de augas Industriais.

Empeoramento da calidade das augas dos tres encoros superpostos (Portodemouros, Brandariz e Touro) e maior risco de eutrofización das súas augas por menor caudal e maior temperatura.

É evidente que todos estes efectos negativos serán trasladados augas abaixo causando un impacto do río Ulla moi severo, empeorando a calidade das súas augas e comprometendo o caudal en épocas de estiaxe.

Por isto, dende o BNG pediremos a implicación do concello de Vila de Cruces para elaborar e presentar alegacións a este proxecto polas súas afeccións ás augas do río Ulla. Ditas alegacións serán presentadas no próximo pleno ordinario de abril para que as coñezan todos os grupos e poidan ser formuladas como un acordo do pleno da corporación.

Así dende o BNG de Vila de Cruces trasládase ao goberno local a urxencia de alegar contra este macro proxecto, es que lonxe de xenerar postos de traballo o que vai supor vai ser un problema de hipercontaminación e absorción de auga potable.