ANÁLISE DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 1 DE SETEMBRO

No día de onte tivo lugar un pleno extraordinario no que non houbo un consenso previo coa corporación por parte do goberno. Así nin o voceiro do BNG, despois de solicitar por escrito e telefonicamente ao alcalde o cambio de hora, nin a interventora puideron asistir.

ANÁLISE DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 1 DE SETEMBRO

Foi un pleno marcado polo descontrol económico dun desgoberno que ao non ter presupostos propios se ve forzado a facer modificacións de crédito tirando de remanente con cuantías que superan os 250.00 euros. Tratáronse os seguintes puntos:

-Plan Madruga e Concilia de Tarde para os colexios de Piloño e Cruces, os cales se conseguiron sacar adiante grazas á insistencia das familias implicadas e do BNG, tras varios anos demandando este servizo. 

-Parque Infantil do Poboado Mineiro de Fontao, tras perder 3 anos consecutivos a subvención, e que tiñan que ter executado con fondos propios no ano 2021, tras dun compromiso plenario solicitado polo BNG, e unha dúcia de mocións aprobadas nos últimos anos.

-Modificación do IDAE, proxecto elaborado con carencias polo anterior goberno. O minigoberno actual non revisou dito proxecto e agora piden unha modificación de crédito de 180.000 euros co fin de realizar un proxecto complementario dos cadros eléctricos.

-Regulamento interno e proxecto pedagóxico da Escola Municipal de Música. Elaborados no 2019 no mandato PP e presentados agora en pleno a menos dun ano das eleccións municipais. Indica a intención de rédito electoral e amosa falta de interese por parte do goberno de Xuntos cara un tema que perxudica a moitas familias e profesionais do sector.  O BNG lembra que a Escola de Música non poderá rematar cos trámites de concurso ata finalizado o 1º trimestre, polo que recrimina ao goberno local non ter axilizado este procedemento despois de recordarllo pleno tras pleno dende hai xa 3 anos. Neste sentido, o BNG fixo adendas de mellora que constan en acta e que foron rexistradas formalmente para poder facer as modificación pertinentes.

-E por último, fixáronse os festivos locais para 2023 sen consensuar coa veciñanza. O BNG insistiu na importancia desta enquisa a pé de rúa para fixar as datas.

ANÁLISE DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 1 DE SETEMBRO