O BNG de Cruces pide á Xunta que repoña o profesorado no CEIP Cerdeiriñas de Piloño
O BNG de Vila de Cruces vén de rexistrar unha moción no Concello tras ser coñecedores dos recortes de profesorado no colexio de Piloño. O obxectivo disto é trasladar urxentemente á Xunta a necesidade de repoñer 2 profesores en primaria no CEIP Plurilingue de Cerdeiriñas.
O profesorado está ao límite, pois o plantel non dá para ter profesorado de garda. Con que enferme un só profesor xa non se pode impartir clase con normalidade.
A Consellaría de Educación está a incumprir a ratio nas aulas de agrupamentos, nas que o máximo se establece en 14 alumnos por agrupamento e neste caso hai 16 entre primeiro e segundo e 15 entre terceiro e cuarto. A ANPA do CEIP Cerdeiriñas trasladou esta situación á Xefatura territorial.
Dende o BNG insistimos na urxencia de repoñer profesorado en primaria, pois xa levamos preto do mes de curso. Pídese que a Consellaría cumpra cos acordos e dote ao CEIP Plurilingue de Cerdeiriñas do persoal necesario, e así garantir unha educación de calidade e unha situación digna para o persoal docente e non docente.
Lembramos ao goberno local que deben cumplir o acordado en Febreiro de 2024. Deixamos que os orzamentos saísen adiante a condición de cumplir os seguintes compromisos: 20.000 eur. para mantemento do CEIP Cerdeiriñas e do CEIP Nosa Sra da Piedade. Con isto acordouse construir os parques infantís e mellorar na seguridade de acceso aos centros. Tamén se acordou fomenar un convenio coa Cosellaría de Educación para que asuman as súas competencias en canto a demandas históricas de ambos centros: cambio de ventás, teitos, renovación de aseos, elevadores, barreiras arquitectónicas…
Ademais disto, Álex Fiúza pide a máxima implicación do goberno local, pois o CEIP Cerdeiriñas debe recibir maior apoio posible para recuperar a súa plantilla de profesorado. Isto aféctanos a toda a comunidade educativa e á poboación do noso concello en xeral.