O BNG INSISTE NA NECESIDADE DUN INFORME TÉCNICO DO CONCELLO DE VILA DE CRUCES CONTRA O VERTEDOIRO DE CAMPOMARZO

Tras rematar o prazo de alegacións para o informe de impacto ambiental do vertedoiro de Campomarzo, o BNG de Vila de Cruces preguntou ao goberno local se cumpliran co acordo plenario do 30 de marzo, no que se aprobaba por unanimidade a elaboración de informes técnicos da afectación que suporía este vertedoiro para o entorno e o abastecemento de auga municipal da parroquia de Merza.

Ante a falta de resposta do goberno local ás preguntas rexistradas o 14 de abril polo BNG, e a resposta da conselleira de medioambiente no pleno do Parlamento Galego á Deputada do BNG, Montse Prado, o pasado mércores 26, no que afirmaba ter o informe do concello de Silleda, sen nomear en ningún momento ao concello de Vila de Cruces, dase por entendido que o señor Taboada e o seu grupo de goberno non elaboraron os informes técnicos, nin as alegacións e nin tan sequera informaron á veciñanza do perigo ante o que nos enfrentamos.

 

Polo que dende o BNG insistimos na importancia da elaboración de informes técnicos contundentes, para paralizar este atentado medioambiental e contra a saúde. Alex Fiuza quere animar ao señor Taboada a actuar, "xa que dicir que se está en contra e non facer nada, ten o mesmo resultado que posicionarse a favor, como o fixo o partido popular nestes últimos 4 anos", "a ver se nos vai terr que dar a razón cando dicimos que, son distinto patrón pero dun mesmo barco".