O BNG LOGRA EN PLENO UN COMPROMISO UNÁNIME PARA QUE SOCISER CUMPLA O CONVENIO DO SAF

O derradeiro pleno ordinario deste mandato estivo marcado polas présas dun goberno local que pretende facer modificacións de crédito con cargo ao remanente o cal a estas alturas no mandato non é asumible. 

O derradeiro pleno ordinario deste mandato estivo marcado polas présas dun goberno local que pretende facer modificacións de crédito con cargo ao remanente o cal a estas alturas no mandato non é asumible. Consideramos que isto o debe facer a nova corporación.

En canto ás subvencións nominativas, o BNG defende un modelo por concorrencia competitiva e dar a opción a tódalas asociacións do concello a poder solicitar unha axuda. Con este sistema quedan fóra propostas de Asociacións de Mulleres Rurais, Asociacións Veciñais e outras Asociacións Culturais que non figuran na lista do goberno local. Son medidas electoralistas, a escasos dous meses de eleccións municipais.

Levamos unha proposta na que se pedía ao concello elaborar informes técnicos e alegacións para o vertedoiro de Campomarzo xa que afecta ao abastecemento de auga da traída de Merza. Tamén se levou unha moción para que se convoquen as comisións de seguimento do contrato do SAF e poder así esixirlle a Sociser que cumplan co convenio laboral das traballadoras. Ámbalas dúas foron aprobadas por unanimidade.

En rogos e preguntas quixemos saber a previsión do goberno local en canto a medidas para axudar a hostalaría de cara a semana santa ao retirarse as ampliacións das terrazas. Preguntamos sobre a renovación do regulamento de Protección Civil, así como pola convocatoria de eleccións para a directiva desta agrupación. Preguntamos sobre que se está a facer dende o concello para regular a saída do Colexio no casco urbán pola rúa Neira Vilas. Isto levou a preguntar tamén porque tras 2 anos non se cubreu a praza de Policía Local. Como se están a facer os cobros das viaxes do Concello, pois deben ser tratadas como taxas públicas.