O BNG PIDE REGULAR O USO DOS VEHÍCULOS MUNICIPAIS

Os vehículos municipais non son para o uso privado dos membros do goberno.

O BNG PIDE REGULAR O USO DOS VEHÍCULOS MUNICIPAIS

Xa en anteriores mandatos, gobernando o PP, o BNG esixía ao goberno municipal que se rotulase o Kia Sportage, utilizado habitualmente polo alcalde, cun logo do concello. O obxectivo que se perseguía era que unha vez rotulado deixara, aínda que só foxe por vergoña allea, de utilizalo como se fose o seu utilitario particular.

 

O “modus operandi” continúa co goberno de Xuntos, tanto o actual alcalde coma algúns do resto de concelleiros seguen empregando coches e furgonetas municipais para o seu uso particular.

 

O uso dos vehículos municipais, ao facerse habitual, córrese o risco de non saber distinguir cando o estás usando oficialmente ou cando é de xeito particular, por iso o alcalde aparca o Kia no seu garaxe privado, ou mesmo poden verse implicados en accidentes, como o que aconteceu a fin de semana pasada coa furgoneta que emprega a diario o tenente de alcalde, do cal queremos saber se se foron avisadas ás autoridades competentes. 

 

 

Por este motivo, solicitamos dende o BNG, que se rotulen todos os vehículos municipais para poder identificalos, así como que se rexistre o itinerario dos mesmos e que estes se garden nas dependencias municipais, cando non se precisen para actos ou eventos institucionais ou relacionados coa actividade diaria do traballo municipal, para velar por un uso efectivo e transparente dos bens públicos .

O BNG PIDE REGULAR O USO DOS VEHÍCULOS MUNICIPAIS