“O BNG urxe á Xunta a repoñer o persoal de cociña do CEIP Cerdeiriñas de Piloño”
12 de marzo de 2025 (18:24 h.)
A Xunta acaba de retirar o persoal de cociña do CEIP de Piloño.
Case 70 crianzas terán que xantar de bocadillo ata que se solucione a situación. Isto è un agravio a toda a comunidade educativa. O BNG de Vila de Cruces ven de pedir ao Goberno Local que actúe.
Por outra banda a través da súa deputada Ariadna Fernández acaba de rexistrar preguntas de urxencia ao respecto no Parlamento.
Reclamaremos o que pertence por dereito ás familias do CEIP de Piloño e a todo o persoal docente e non docente. Preguntámonos se no comedor da Xunta taméb van comer de bocadillo mentras dure esta situación, en sinal de solidaridade coas case 70 crianzas de Piloño.