O BNG VEN DE PRESENTAR UNHA INICIATIVA PARLAMENTARIA PARA A REPOSICIÓN DE PROFESORES NO CEIP CERDEIRIÑAS DE PILOÑO
A deputada do BNG, Ariadna Fernández e o portavoz municipal de Vila de Cruces, Alex Fiuza, mantiveron unha reunión coa ANPA do CEIP Cerdeiriñas de Piloño, co fin de solicitar á Consellería de Educación unha solución que garanta a cobertura de profesores do plantel do centro.
Vila de Cruces, 3 de outubro 2024.
O BNG vén de presentar iniciativas parlamentarias reclamando á Consellaría de Educación que dote do persoal docente necesario ao CEIP Plurilingüe Cerdeiriñas de Piloño, para garantir a calidade educativa e a capacidade dos docentes de prestar a atención precisa ao alumnado, cumprindo as rateos axeitadas en cada ciclo educativo, tendo en conta a atención ás crianzas con necesidades especiais.
Logo da xuntanza mantida entre a deputada nacionalista, Ariadna Fernández, o portavoz municipal, Alex Fiuza e a ANPA do CEIP de Piloño o pasado venres, 27 de setembro, na que esta lle expuxo pormenorizadamente a problemática existen no citado centro.
O BNG de Vila de Cruces conseguía ese mesmo venres a unanimidade para aprobar a moción presentada no pleno de Vila de Cruces, onde se pedía instar a Educación a reposición completa do plantel de docentes para o centro. Tamén o día 1 de outubro, no Parlamento Galego rexistrou varias iniciativas en forma de PNL e preguntas en pleno, en comisión e para a súa resposta por escrito, todas elas tendentes a solucionar a problemática xurdida a raíz da supresión de docentes no centro.
Hai que lembrar que este centro con 65 crianzas matriculadas actualmente, veu reducido o seu plantel coa conseguinte consecuencia de agrupamentos en todos os niveis de educación primaria, superando ás rateos no primeiro e segundo nivel de primaria.
A deputada nacionalista considera que “ hai que garantir que a calidade educativa deste centro situado no rural sexa a mesma que a de calquera outro, sen discriminación de ningún tipo por situación territorial” . Desa convicción, pregunta se a Xunta de Galiza ten pensado garantir os dereitos do alumnado do CEIP asignando docentes para cubrir todas as horas lectivas, gardas, reforzos e atención a necesidades especiais das crianzas durante presente curso, dado que nestes momentos non é a axeitada.