O BNG VILA DE CRUCES PREGUNTA A TABOADA CALES SON OS TRABALLOS QUE SE ESTÁN A FACER NA CARIXA
O candidato do BNG rexistrou preguntas sobre os traballos que se están a realizar na área recreativa.
Nos últimos días pódese ver como na área da Carixa se está a acometer unha intervención no camiño do parque Biosaudable retirando a zahorra.
O candidato á alcaldía do BNG, Alex Fiuza, rexistrou unha serie de preguntas dirixidas a Luis Taboada, interesándose por cal é a actuación completa, ou proxecto que pretende levar a cabo na área, e se serían necesarios permisos de Augas de Galicia para poder acometer o proxecto, xa que o parque se atopa entre o río Orza e Deza.
Fiuza non quere pensar que ao actual rexidor se lle ocorrera formigonar todo o camiño, xa que entende que esa acción sería perxudicial para a contorna, e perdería todo o sentido de área biosaudable, enmarcada en zona de Rede Natura.