COMUNICADO SOBRE RESPETO INSTITUCIONAL E USO DAS REDES DO CONCELLO

A páxina e as redes sociais do concello, deberían representarnos a todas e todos. Xuntos non pode utilizalas de xeito partidista, publicando os seus comunicados.

Ademais, o respeto cara ao resto da corporación por parte do equipo de goberno é nulo.

O BNG esixe ao equipo de desgoberno que deixen de utilizar as redes sociais do concello de xeito partidista, a través dun medio que difunde comunicados do grupo de Xuntos pagado por toda a veciñanza, e de pretender seguir nesa liña, solicita que se compartan tamén a través das redes sociais municipais os comunicados de todos os grupos da corporación, así como os enlaces ás gravacións dos plenos.

NULO RESPECTO INSTITUCIONAL CO RESTO DA CORPORACIÓN

Un novo exemplo da falta de respecto e de transparencia co resto da corporación é en canto á cobertura de intervención, da cal non temos constancia porque ninguén nos informou da súa chegada. Ao igual que ningún membro do desgoberno informa dos cambios de data dos plenos, nin da asistencia de membros da Xunta para presentar proxectos importantes para Vila de Cruces como a estrada de Gres, malia o BNG ter ofrecido o seu apoio ao desgoberno publicamente. O alcalde afirmaba no pleno non ter avisado da visita da Xunta por falta de tempo, mais si lle deu tempo a Taboada de facer populismo barato colocando o día antes unha nova pancarta.

Para calquera dúbida, a veciñanza pode ver o pleno a través da canle de Youtube, que é o xeito máis obxectivo de valorar o total esperpento que está a supoñer este desgoberno para o noso concello.