COMUNICADO SOBRE O MAL ESTADO DOS PARQUES INFANTÍS

O parque infantil de Santomé de Obra parece un vertedoiro con elementos de xogo en mal estado ou rotos, o que supón un perigo para as nenas e nenos.

O BNG de Vila de Cruces vén de solicitar formalmente ao goberno local a mellora das condicións dos parques infantís.

Denunciamos o mal estado do parque infantil de Santomé de Obra no que se cortaron árbores e se deixaron caer sobre os elementos de xogo. Ademáis os bancos hai máis dun ano que están caídos, reparación que o BNG reclamou en repetidas ocasións. O parque das Illas de Gres permanece dende hai meses nun estado lamentable, con bambáns rotos e escadas soltas e fragmentadas.

O parque infantil de Merza (A Moa), no que se están saíndo os parafusos da caseta superior e o cerramento de madeira presenta roturas e puntas á vista. Por outra banda, o parque infantil do Poboado Mineiro de Fontao está totalmente destrozado, xa dende o mandato anterior. Existe un acordo proposto polo BNG e recollido nunha acta de Pleno de 2021 no que se acordaba o compromiso de arranxalo con fondos propios de non conseguir subvención para tal fin.

Esiximos ao goberno local atender ás peticións veciñais e tamén cumprir cos acordos de pleno.

Non se pode tolerar esta discriminación cara as nenas e nenos do rural, pois non son cidadáns de segunda.