COMUNICADO SOBRE PETICIÓN DE MELLORA NA PO960

O voceiro municipal do BNG, Alex Fiuza, pídelle ao alcalde, Luís Taboada, que leve ao pleno ordinario de maio a solicitude da mellora da PO 960, cuxo titular é a Xunta de Galiza, para presionar á propia Xunta co respaldo de toda a corporación municipal.

COMUNICADO SOBRE PETICIÓN DE MELLORA NA PO960

O BNG recorda que hai máis dunha década que vén demandando a mellora da PO 960 en forma de emendas aos orzamentos da Xunta e que o PP sempre vota en contra, proba irrefutable do pouco interese que a Xunta e o PP teñen polos problemas de mobilidade da veciñanza do noso concello.

A PO 960 é unha vía de extraordinaria importancia para o noso concello posto que nos conecta con Santiago, capital de referencia para moitas actividades diarias da nosa poboación a nivel sanitario, educacional e administrativo. Aparte, é unha vía de intercomunicación municipal que conecta gran parte das nosas parroquias (Carbia, Bascuas, Piloño, Camanzo, Gres) coa vila, centro comercial do concello, e moi necesitada de boas comunicacións para a supervivencia do noso comercio.

Por todas estas razóns, o voceiro nacionalista anima ao alcalde a levar unha proposta a pleno para que sexa apoiada por toda a corporación municipal e poder trasladar este acordo ao Parlamento e á Xunta de Galiza, xa que se trata dunha necesidade de vital importancia para a vida diaria da veciñanza.

 

Por outra banda amosamos o rexeitamento á desaparición das pancartas reivindicativas instaladas ao longo da estrada. Será casualidade ou non tanto que hai uns meses tamén desapareceran no concello veciño de Agolada pancartas dirixidas á Xunta de Galiza reclamando as concentracións  parcelarias.

COMUNICADO SOBRE PETICIÓN DE MELLORA NA PO960