COMUNICADO SOBRE ASESORÍA FINANCEIRA

Vila de Cruces desgobernada e xestionada por asesores externos. 

O grupo municipal nacionalista denuncia a aprobación por decreto de alcaldía dun novo contrato de asesoría financieira, prestación de servizo de contabilidade por valor de case 9.000€ en 6 meses.

O BNG pide á concelleira de economía e facenda, Mireya Otero que renuncie ao salario que lle aprobou o PP no seu día, xa que ao contratar servizos externos de finanzas, para dar conta en comisións e plenos pode facelo tamén a empresa contratada.

O grupo municipal nacionalista denuncia a aprobación por decreto de alcaldía dun novo contrato de asesoría financieira, prestación de servizo de contabilidade por valor de case 9.000€ en 6 meses.

Esta situación é insostible para as arcas municipais, asegura o voceiro nacionalista Alex Fiuza, con máis de 6.000€ ao mes en asesores externos, (asesor xurídico, de comunicación, de urbanismo e agora de contabilidade, todo isto se contar coas facturas recurrentes do conglomerado de empresas conectadas ao asesor de comunicación) mais os salarios da concelleira e concelleiro superan con creces o gasto que xeraba o goberno anterior.

Dende o BNG preguntámonos, quen está ao mando do consistorio? un alcalde sen rumbo ou un asesor de comunicación con ansia de encher o seu peto?

Nestes momentos o concello de Vila de Cruces atópase sen persoal de intervención, xa que a interventora cesou do seu cargo hai 15 días, sen que ninguén do goberno nolo comunicase ao resto da corporación, e a baixa da administrativa de intervención leva sen cubrir dende decembro, ao igual que a non renovación contractual da anterior secretaria. Esta situación non é casualidade, dase pola nula xestión do goberno e polo interese propio do asesor de comunicación para manter ao equipo de goberno illado do resto da corporación.