COMUNICADO: O BNG PROPÓN CUBRIR DE XEITO INTERNO AS BAIXAS DO PERSOAL ADMINISTRATIVO E AS VACANTES PENDENTES
No canto de contratar a dedo unha xestoría, o BNG propón aprobar as bases para cubrir as baixas dos administrativos que non se atopan dende decembro no seu posto, como así o solicitou o BNG nunha proposta en pleno.
Recomenda que en lugar de lanzar ameazas encubertas, traten de mellorar as condicións dos traballadores do concello, pagando en tempo e forma os seus salarios, como por exemplo o retraso deste mes de maio, modificar a RPT, ou cubrir as vacantes existentes, quizais así o concello funcionaría mellor.
Mais non se pode agardar nada dun alcalde que enche o concello de persoal externo, que nin coñece a realidade do noso municipio.
MENTRES OS PROVEEDORES NON COBRAN, OS ASESORES LEVAN OS CARTOS.
Basta de enganar e difamar, dende o BNG, o seu propio portavoz solicitou no pasado pleno "unha relación das facturas pendentes de pago aos proveedores, as cales aínda non tivemos acceso", e denunciou a situación que se está a vivir no departamento de economía, con "facturas a proveedores con retrasos de ata 6 meses, das que temos acceso porque así o permite a lei de transparencia, algo que ao parecer o señor Taboada e o seu escribano parecen descoñecer." NON ENTENDEMOS DENDE O BNG CALES SON ESES DATOS SENSIBLES AOS QUE UN CONCELLEIRO ELIXIDO POLA VECIÑANZA NON PODE TER ACCESO? ,QUE TEN O DESGOBERNO GARDADO NOS CAIXÓNS QUE O RESTO DA CORPORACIÓN NON POIDA VER? OU É QUE TABOADA QUERE VOLVER AOS MELLORES TEMPOS DO CACIQUISMO ONDE SE CHANCHULLEABAN AS OBRAS PARA QUE AS LEVARA SEMPRE O MESMO? DISO EL SABE MOITO, QUE É O QUE TEN QUE AGOCHAR?
Aclarar, tamén, o xeito caciquil que o señor Taboada emprega para pagar ao seu elenco de asesores, a través dos gastos correntes e por decreto de alcaldía, mentres os proveedores teñen que agardar a modificacións de crédito, que só poden aprobar en pleno cada dous meses co apoio do resto da corporación, para poder dispoñer de partida coa que facer os pagos dende tesourería.
RECORDÁMOSLLE A XUNTOS QUE TEN 3 CONCELLEIROS DE 13 E OCUPA O SILLÓN DA ALCALDÍA TRAS INCUMPRIR A SÚA PALABRA DUN MANDATO DE 2 E 2 ANOS.
Como pode Taboada lembrar que o BNG pedíu algún soldo durante as negociacións, se nin tan sequera se lembra que o 15 de xuño de 2021 tiña que ter deixado o relevo da alcaldía ao BNG? Será que ten memoria selectiva? Pois lembrámoslle que o único que se falou sobre adicacións, foi de reducir o gasto que tiña o anterior goberno, e que agora o señor Taboada supera con creces co seu sequito de asesores.
Con 10 concelleiros na oposición e 3 no goberno, se a oposición fora tan malvada como pintan, Taboada non faría unha soa obra no concello. Que deixe de laiarse. A oposición, neste caso o BNG, é absolutamente máis leal á veciñanza co propio goberno, motivo polo cal sempre facilitou a aprobación de todas as obras que se teñen feito, nunca nos opuxemos ás obras necesarias para o concello, sempre que se votou en contra foi opoñéndonos ás formas, á falta de consenso, á ausencia de informes e á falta de previsión polos problemas que poida acarrexar un mal plantexamento das mesmas, aportando soluciones lóxicas como os aparcadoiros disuasorios da Rúa Vázquez. Polo tanto, as obras feitas no concello non son mérito do goberno, senón da oposición, que pese as grandes diferenzas nunca obstaculizou os investimentos que benefician á veciñanza.
Vila de Cruces, 6 de xullo de 2022
Voceiro do BNG, Alex Fiuza Mosquera