O CONCELLO DE VILA DE CRUCES SEGUE A PERDER OPORTUNIDADES PARA O ASENTAMENTO POBOACIONAL DESPOIS DE BAIXAR Á CATEGORÍA DE MENOS DE 5.000 HABITANTES.

“Vila de Cruces precisa dun goberno que se centre no importante, en conseguir liñas de axuda para o emprendemento e o asentamento poboacional” asegura o portavoz nacionalista Alex Fiuza.

O CONCELLO DE VILA DE CRUCES SEGUE A PERDER OPORTUNIDADES PARA O ASENTAMENTO POBOACIONAL DESPOIS DE BAIXAR Á CATEGORÍA DE MENOS DE 5.000 HABITANTES.

Na resolución do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión de subvencións do programa de rehabilitación de vivendas no rural e se procedía á convocatoria para o ano 2026, informábase de que poderían acceder a estas axudas todos as vivendas situadas en concellos de menos 5.000 habitantes.

Nesta resolución, na base trixésimo quinta: informábase que terían dereito a estas axudas a poboación dos concellos con poboación inferior a 5.000 habitantes, segundo o anexo IV que finalmente non foi publicado na citada resolución.

Posteriormente, o 14 de xaneiro, faise unha corrección de erros na que se publica a relación de concellos con menos de 5.000 habitantes que teñen dereito a acollerse a ditas axudas. Neste anexo figuran, entre outros, concellos como o de Vedra con 4.942 habitantes, mais non aparece o concello de Vila de Cruces que cumprindo os requisitos de contar con menos de 5.000 habitantes, concretamente 4.967, non teñen dereito a se acoller ás citadas subvencións para a rehabilitación de vivendas no rural.

As políticas levadas a cabo polas distintas administracións ( falta de servizos públicos, ensañamento co sector primario, falta de políticas que favorezan o asentamento empresarial ou industrial,...) teñen como principal consecuencia a baixada de poboación por falta de expectativas económicas no noso concello. Se a iso lle engadimos que a propia Xunta de Galiza elimina da listaxe de concellos a un que reúne todos os requisitos, o sentimento de desprotección é total.

Se estas axudas son, como indican nas bases, para loitar contra o despoboamento e fixar poboación nestas zonas e a vivenda é unha necesidade básica para este obxectivo, non entendemos como o noso concello nos está incluído nesa listaxe. Pode ser que a Xunta cometera un erro ao non incluír o noso concello, pero o goberno municipal ten a obriga de estar vixiante e debería ter reclamado á Xunta, ao día seguinte da súa publicación, a inclusión do noso concello para beneficio da nosa poboación.

Se temos en conta que o prazo de solicitude se iniciou o 21 de xaneiro de 2026, e que o procedemento de adxudicación é mediante o réxime de procedemento non competitivo (por entrada no rexistro) , até esgotar a partida, este ano xa ninguén de Vila de Cruces se poderá acoller as mesmas por non estar na listaxe e aínda que nos inclúan agora, o crédito estará esgotado.

Co fin de evitar isto para convocatorias futuras, a de 2027, reclamamos

- Dirixirse á Xunta de Galiza para que nos indiquen cales foron as razóns polas que excluíron o noso concello da listaxe de concellos de menos de 5.000 habitantes

- Reclamar que para a convocatoria de 2027 o concello de Vila de Cruces se inclúa na listaxe de concellos de menos de 5.000 habitantes para que a nosa cidadanía poida ter as mesmas oportunidades de acollerse a axudas para a rehabilitación que o resto de concellos na mesma situación.

O CONCELLO DE VILA DE CRUCES SEGUE A PERDER OPORTUNIDADES PARA O ASENTAMENTO POBOACIONAL DESPOIS DE BAIXAR Á CATEGORÍA DE MENOS DE 5.000 HABITANTES.