FIUZA INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A POÑER UN PUNTO DE ASESORAMENTO EN VILA DE CRUCES AOS AFECTADOS POLA LAT AV FARELO PROTODEMOUROS

“Esta liña de Alta Tensión ameaza a varias vivendas nas parroquias de Arnego, Loño e Portodemouros con distancias inferiores aos 80 metros”- refire Fiuza.

FIUZA INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A POÑER UN PUNTO DE ASESORAMENTO EN VILA DE CRUCES AOS AFECTADOS POLA LAT AV FARELO PROTODEMOUROS

Vila de Cruces 28 de novembro de 2024. Á vista da RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental, ás solicitudes de autorización administrativa previa e de construcción, á declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación do proxecto de solución de evacuación do parque eólico Serra do Farelo, nos concellos de Agolada e Vila de Cruces de Pontevedra (IN408A 2020/177). DOG número 214, do 6 de Novembro de 2024.

Non se teñen en conta nin se avalían os graves prexuízos que pode supoñer a LAT 132 kV PE Monte Farelo-subestación colectora Agoar 400/132 kV para o benestar, a saúde e a calidade de vida da veciñanza, con distancias ás casas moi inferiores ás permitidas, como no caso de Outeiro en Arnego, Eirexe ou Reboredo. Non se garante a non afección a acuíferos e á calidade das masas de auga tanto superficiais como soterradas.

A instalación desta LAT supón un impacto paisaxístico severo nas poboacións da contorna, na área da Rede Natura 2000 “Sobreiral do Arnego”, ou mesmo causando un forte impacto visual con respecto a bens patrimoniais.. Esta LAT 132KV está indisolublemente ligada á suspensión cautelar do P.E. Monte Farelo e tamén á suspensión do PE Zamorra cuxa enerxía teñen que evacuar por esta infraestrutura. Pode ser executada causando unha grave afección á poboación, ao monte e á RN 2000,sen utilidade práctica algunha e no seu día, amparar unha probable reclamación da mercantil eléctrica á Xunta polas obras executadas con licenza, como xa está pasando noutros PE.

O BNG de Vila de Cruces presenta este venres 29 de novembro unha moción onde “Fiuza Insta ao Goberno Municipal a poñer a disposición da veciñanza afectada por este proxecto, un punto de información no concello con persoal para asesoramento técnico (xurídico, urbanístico e medioambiental). Solicita tamén, ao Goberno de Vila de Cruces, a elaboración das alegacións pertinentes ao estudo de impacto ambiental, ás solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, á declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación do proxecto de solución de evacuación do parque eólico Serra do Farelo, nos concellos de Agolada e Vila de Cruces de Pontevedra (IN408A 2020/177).”

 

FIUZA INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A POÑER UN PUNTO DE ASESORAMENTO EN VILA DE CRUCES AOS AFECTADOS POLA LAT AV FARELO PROTODEMOUROS