FIUZA PREGUNTA A TABOADA QUE TRÁMITES SE FIXERON PARA ALEGAR CONTRA O VERTEDOIRO DE CAMPOMARZO

O pasado 30 de marzo aprobábase unha moción do BNG por unanimidade, co fin de solicitar a paralización do vertedoiro de Campomarzo, que afecta directamente ao abastecemento de auga municipal da parroquia de Merza.

FIUZA PREGUNTA A TABOADA QUE TRÁMITES SE FIXERON PARA ALEGAR CONTRA O VERTEDOIRO DE CAMPOMARZO

Unha vez rematado o prazo de alegacións, o BNG pregunta e solicita os trámites que o goberno levou a cabo para dito fin. Fiuza tamén pregunta a Taboada polas accións levadas a cabo para informar á veciñanza, xa que é fundamental que os veciños e veciñas afectados directamente presenten alegacións, "como así estamos a recoller dende o BNG".

 

Na proposta aprobada instábase ao goberno local á elaboración de informes técnicos e alegacións, así como tamén, á solicitude formal do concello de Vila de Cruces á Xunta de Galiza para a anulación do estudo de impacto ambiental e a restauración da canteira, posto que ademais do atentado ecolóxico que provocan as filtracións deste vertedoiro, veríase afectado o abastecemento de auga para a veciñanza de Merza, como xa ten ocorrido noutras situacións, que por culpa dos verquidos se tivo que abastecer á parroquia con cubas de auga transportada dende outros puntos do concello. 

FIUZA PREGUNTA A TABOADA QUE TRÁMITES SE FIXERON PARA ALEGAR CONTRA O VERTEDOIRO DE CAMPOMARZO