RESPOSTA AO ALCALDE E AO PP
Taboada vai ao CEIP Cerdeiriñas despois da visita do voceiro do BNG, Álex Fiuza e cos deberes sen facer, reclamando á Xunta o mesmo abandono que el ten co centro escolar de Piloño, e cos demais centros.
O BNG xa ten visitado o centro en varias ocasións e xa ten presentado nos orzamentos da Xunta enmendas ao respecto, e no concello escritos pedindo melloras que nunca se fixeron.
O PP é especialista en defender unha cousa en Galiza e outra en Madrid, tamén son quen de defender unha cousa ante os veciños e na Xunta defender os seus intereses propios e os dos seus amigos.
Xa no comenzo do mandato a propia ANPA rexistrou por escrito unha serie de demandas competencia do concello, e pouco se fixo. O BNG tamén preocupado polo centro como as familias, xa ten visitado en varias ocasións o centro, presentado nos orzamentos da Xunta enmendas ao respecto, e no concello escritos pedindo melloras que nunca se fixeron.
-Taboada solicita do BNG que lle presente un escrito para que el asine, co fin de que os deputados do BNG o presenten pedindo estas melloras á Xunta. O grupo municipal do BNG levará estas propostas ao próximo pleno e o alcalde poderá apoialas e envialas ao Parlamento Galego, e que non queden no caixón como todas as mocións que ten presentado o grupo nacionalista. Taboada á vez que asina ese documento para levar ao Parlamento, tamén pode asinar a renuncia á alcaldía que está ocupando desde hai máis de un ano e que non lle corresponde
O Bloque de Cruces sempre estará para axudar e tratar de mellorar as infraestructuras e as condicións dos veciñ@s. A preocupación do BNG sobre os edificios e instalacións educativas vén de hai anos, o de Taboada vese con claridade, que foi pola repercusión que tivo a visitas do Portavoz Nacionalista e a cercanía das próximas eleccións municipais.
Non só hai deixadez no mantemento por parte de Taboada e o seu Desgoberno, tamén dos demais membros do desgoberno que quedan en evidencia ao non acudir aos consellos escolares.
Resposta ás declaracións de Otero (PP) con respecto aos eólicos:
A situación que está a vivir o país pola invasión dos proxectos eólicos, débese abordar dende un posicionamento firme, en apoio á veciñanza que os rexeita activamente, non se trata dunha competición entre forzas políticas a ver quen fai a mellor alegación. Trátase de paralizar un proxecto lesivo para Vila de Cruces e que hipoteca o seu futuro. E nesto hai que sumar forzas.
O BNG levou ao pleno que o concello se posicione e actúen institucionalmente, e dando apoio con persoal especializado para informar á veciñanza. Está ben que o PP se posicione nas Cruces, pero moito máis efectivo sería que se posicionase na Xunta. Se os proxectos eólicos a nivel autonómico non se iniciaran dende a consellería do PP, desde a Xunta que eles gobernan, Otero non tería agora que entregar as alegacións.
O PP é especialista en defender unha cousa en Galiza e outra en Madrid, tamén son quen de defender unha cousa ante os veciños e na Xunta defender os seus intereses propios e os dos seus amigos. Pero esto non se trata de quedar ben ante os veciños.