REUNIÓN DO BNG COAS FAMILIAS DO CEIP CERDEIRIÑAS DE PILOÑO

O voceiro municipal do BNG de Vila de Cruces, Alex Fiuza, mantivo na tarde do venres unha reunión coas nais e cos pais do alumnado do CEIP Cerdeiriñas de Piloño, para abordar, entre outros temas, diferentes propostas de mellora para as instalacións do centro e de accesibilidade, a través de diferentes axudas en curso.

REUNIÓN DO BNG COAS FAMILIAS DO CEIP CERDEIRIÑAS DE PILOÑO

O voceiro municipal do BNG de Vila de Cruces, Alex Fiuza, mantivo na tarde do venres unha reunión coas familias do CEIP Cerdeiriñas de Piloño, para abordar, entre outros temas, diferentes propostas de mellora para as instalacións do centro e de accesibilidade (a través de diferentes axudas en curso), a coordinación entre centros ou os programas de conciliación.

Foi tamén momento para escoitar ás familias, que amosaron o seu descontento pola tardanza na organización e implementación do Plan Concilia do Concello, e a necesidade de revisar as condicións e os horarios do mesmo, por non adaptarse ás necesidades reais das familias, e polo tanto, perder efectividade.

Tamén, aproveitando a xuntanza, tivo a oportunidade de visitar algúns espazos do centro, momento en que as nais e os pais amosaron o mal estado dos vestiarios das instalacións deportivas, e plantexaron a necesidade de reformar o falso teito no interior, e de realizar tarefas de desbroce nas zonas verdes do exterior.

Alex Fiuza amosou todo o seu apoio e comprensión ás familias e comprometeuse a levar unha proposta ao próximo pleno coas súas demandas, para garantir calidade de servizos en todos os centros educativos do Concello.

Está previsto fixar data para unha xuntanza a semana que vén coas familias dos outros centros educativos do Concello.


 


 

REUNIÓN DO BNG COAS FAMILIAS DO CEIP CERDEIRIÑAS DE PILOÑO