REUNIÓN INFORMATIVA DO BNG SOBRE ALTRI EN VILA DE CRUCES

Álex Fiuza convida a toda a veciñanza a asistir para que coñezan as problemáticas que ocasionaría este atentado medioambiental no noso concello e no resto do país.

Vila de Cruces, 19 de Febreiro 2024.- O BNG de Vila de Cruces celebrará o próximo venres 24 de maio ás 20.30h. no auditorio Xosé Casal, unha reunión informativa para facer coñecedores á veciñanza de Vila de Cruces das problemáticas económicas, medioambientais e para a saúde que ocasionaría a empresa Altri de asentarse no noso territorio.

Hai meses que vimos alertando no concello da falta de información que hai sobre este atentado medioambiental e colonizador entre a nosa veciñanza. A mediados de marzo presentamos unha moción, que foi aprobada co apoio do grupo do alcalde, para que o goberno redactase alegacións propias e se posicionase en contra deste proxecto. O posicionamento foi público pero nada se sabe das alegacións propias.

Álex Fiuza solicita tamén ao goberno municipal que facilite os medios para a manifestación pola defensa do territorio, ALTRI NON! do día 26 de maio, para que as persoas que queiran achegarse a Palas de Rei á mobilización así o poidan facer. “Sen esquecerse que ese mesmo día se celebra en Vila de Cruces a feira do Galo de Curral, é importante facilitar transporte ás persoas que queiran estar presentes na manifestación”.

COMUNICACIÓN BNG VILA DE CRUCES