ANÁLISE DO PLENO ORDINARIO DE MAIO

A falta de transparencia na xestión do equipo de goberno é cada vez máis destacable, e o continuismo na xestión de Xuntos con respecto á do PP mais evidente.

ANÁLISE DO PLENO ORDINARIO DE MAIO

No pleno ordinario de hoxe tan só un punto na orde do día, do cal se retirou a modificación parcial da RPT que afectaba a 6 traballadores municipais debido á desaparición dos informes de secretaría e intervención para sorpresa de todos e que o goberno municipal non foi quen de expoñer os motivos.

 Por outra banda, si se mantiña a modificación de crédito para o pago de subvencións nominativas, para a obra de 4 panteóns no cemiterio de Duxame e para a elaboración do proxecto da área recreativa do Abeseiro (Toiriz).

A falta de transparencia na xestión do equipo de goberno é cada vez máis destacable, e o continuismo na xestión de Xuntos con respecto á do PP mais evidente.

No apartado de subvencións o BNG ten unha postura clara, e é que deben ser asignadas por concurrencia competitiva, cunhas bases establecidas, para que así, poidan optar ás subvencións todas as asociacións e colectivos do noso concello, como por exemplo as asociacións de veciños das diferentes parroquias. O goberno de Xuntos amparase en que sempre se fixo así. Este continuismo constátase con outro exemplo claro de non ter intención de mudar nada no noso concello, pois o mesmo cartaz, os mesmos contidos para a Festa do Galo de Cutral, e tampouco, dende o grupo de desgoberno, se buscaron novas vías para exaltar as crecentes posibilidades do galo de curral.

En canto ás actuacións no cemiterio de Duxame e a área recreativa do Abeseiro, dende o BNG coas cales estamos dacordo, non puidemos apoialas xa que o expediente que se nos facilitou carecía das propostas orzamentarias e o detalle sobre o que conlevaba o proxecto, e de ningún xeito imos permitir utilizar os cartos de todos e todas sen saber en qué se vai empregar.

Inconcebible que o PP e Psoe se absteñan nunha situación así, cedendo á falta de transparencia e carencia de información que tiñan os expedientes que se debateron.

No apartado de mocions do resto da corporación, o BNG apoiou a moción do PP cunhas enmenda, lembrando a proposta  aprobada en pleno para a mellora das instalacións, convivencia e mantemento do Poboado Mineiro de Fontao. Tamén se votou a favor da proposta do Psoe para instar á Xunta que mellore as instalacións dos centros educativos do concello. E Aprobouse por unanimidade a moción presentada polo BNG para a adquisición e posterior posta en valor do Museo da Minería e da Memoria Histórica, na que se insta á Xunta a conseguir a concesión dos terreos e instalacións. A finalidade disto sería a elaboración por parte da Xunta en colaboración co concello de Vila de Cruces dun proxecto vital para fomentar a economía e o coñecemento da historia do noso municipio.

Por último no apartado de rogos e preguntas, dende o BNG solicitamos información sobre os seguintes apartados: 

Coma sempre, rogos e preguntas, negáronse a contestar:

- A urxencia para convocar a praza de técnico de urbanismo, con máis de 120 solicitudes de licencias sen resposta á veciñanza, o que repercute negativamente nas posibilidades de negocios que queren instalarse nas Cruces, e que este goberno está deixando marchar por non darlles solución. Isto repercute na grave problemática de perda de poboación. Esta fenda demográfica conlevará unha considerable baixa de ingresos e servizos que repercutirá no benestar da poboación.

- Solicitouse unha relación do retraso de pagos de facturas a proveedores de 2021 e 2022. Hai un retraso de 6 meses, nalguns casos, mentres os asesores externos cobran puntualmente cada mes, os negocios e autònomos do noso concello agardan meses para poder cobrar.

ANÁLISE DO PLENO ORDINARIO DE MAIO