O BNG COMPROMETÉMONOS A MELLORAR A SEGURIDADE NAS ZONAS DE MAIOR PERIGOSIDADE POR FALTA DE SINALIZACIÓN E ILUMINACIÓN PÚBLICA

RECLAMAMOS O ARRANXO DA ILUMINACIÓN PÚBLICA EN DIVERSOS PUNTOS DO CONCELLO.

O BNG COMPROMETÉMONOS A MELLORAR A SEGURIDADE NAS ZONAS DE MAIOR PERIGOSIDADE POR FALTA DE SINALIZACIÓN E ILUMINACIÓN PÚBLICA

O temporal sufrido durante a fin de ano deixou varias avarías e cortes de luz en diversos puntos do concello, mais entendemos que deben ser reparados canto antes, como na rúa Neira Vilas, onde agora se concentra un maior tránsito de vehículos e peóns, derivado das obras da rúa principal. Ou mesmo na recta da Carixa en Merza, onde non hai moito, o alumeado público estivo sen funcionar durante semanas, e volve a estar apagado dende hai días.

 

Tamén destacamos a necesidade de instalar farolas en puntos escuros, como na entrada á gasolinera en Gres, ou no paso de peóns que cruza a circunvalación a carón do IES Marco do Camballón, o cal está situado nun punto de escasa visibilidade e sen ningún tipo de iluminación, convertíndose nun punto realmente perigoso para o alumnado e demais viandantes.

O BNG COMPROMETÉMONOS A MELLORAR A SEGURIDADE NAS ZONAS DE MAIOR PERIGOSIDADE POR FALTA DE SINALIZACIÓN E ILUMINACIÓN PÚBLICA