O BNG PREGUNTA POR QUE NON SE LIMPOU O PAVILLÓN MUNICIPAL

IMG-20230223-WA0010

Tras a celebración do entroido en Vila de Cruces o pasado martes, non se puideron restablecer as clases das Escolas Deportivas programadas no pavillón para este xoves.

O BNG PREGUNTA POR QUE NON SE LIMPOU O PAVILLÓN MUNICIPAL

O goberno non foi quen de ter as instalacións acondicionadas para reestablecer as clases de patinaxe, afectando ás persoas usuarias que fan un esforzo económico, cos prexuizos que lle trae á empresa, por ter que suspender as clases.

Non se celebrou un acto improvisado, polo que a falta de previsión non é unha excusa. Foron sobre 30 persoas as afectadas por esta falta de coordinación do equipo de desgoberno, que ao BNG non nos colle de sorpresa, aínda que non nos estrañaría que a resposta sexa a mesma de sempre, recordando o mantra de que a culpa é do BNG.

O BNG PREGUNTA POR QUE NON SE LIMPOU O PAVILLÓN MUNICIPAL