FIUZA PIDE A TABOADA O COIDADO E MANTEMENTO DOS ESPAZOS PÚBLICOS

estado da piscina na Carixa
estado da piscina na Carixa

“Lamenta que a sete días do comezo da Semana Santa, un dos maiores reclamos turísticos e máis visitado do municipio, como é a área da Carixa e a súa contorna, se atope nun estado total de abandono.”

FIUZA PIDE A TABOADA O COIDADO E MANTEMENTO DOS ESPAZOS PÚBLICOS

Vila de Cruces, 16 de marzo 2024.- Un obxectivo do BNG de Vila de Cruces é que os espazos públicos sexan acolledores para a veciñanza e que o concello poida explotar o seu potencial turístico, patrimonial e natural para ofrecer un turismo respectuoso e de calidade co noso medio.

Por isto, Alex Fiuza, pon como exemplo as melloras necesarias que se deben acometer na área recreativa da Carixa, e a súa contorna. Débense retirar árbores caídas dende hai tres meses, outro máis de tres semanas que obstrúen a vía de acceso e de tránsito, segar a herba, reparar os peches de madeira perimetrais ao río, desatascar os sumidoiros que desbordan, arranxar a tapa da bomba das piscinas.

Algo que nos preguntamos dende o BNG, é como pensa o goberno local recuperar o céspede artificial que se colocaba no acceso ás piscinas e que foi arrastrado polo río, aparecendo anacos a máis de cen metros pendurados das árbores, porque non se recolle ao rematar a tempada estival, para que non supoña un foco contaminante para o medio.

Álex Fiuza reclama un mantemento máis continuo deste tipo de espazos, e máis cando temos concelleiros con decicación e salario que deben encargarse desta xestión, xa que son lugares de ocio para veciños e veciñas durante todo o ano, e en concreto a Carixa, con chiringuitos de concesión pública, xunto coa área de autocaravanas e o sendeiro que une a Fervenza do Toxa co Mosteiro de Carboeiro, convértese nun enclave único para ter a punto en temporada alta.

COMUNICACIÓN BNG VILA DE CRUCES

 

 

FIUZA PIDE A TABOADA O COIDADO E MANTEMENTO DOS ESPAZOS PÚBLICOS