O BNG APOSTA POR REVITALIZAR O COMERCIO LOCAL E O PRODUTO DE PROXIMIDADE
"Dinamizar o comercio local e o producto de proximidade é prioridade para o BNG. A dinamización comeza por dar contido aos distintos espazos e edificios públicos para crear tránsito, dun xeito ordenado e coherente, ofrecendo servizos e promocionando a nosa Vila."
Este venres 12 de maio, Ana Pontón acompañou ao candidato á alcaldía, Álex Fiuza, por comercios da vila, para coñecer de primeira man as prioridades e demandas do comercio .
No BNG temos un plan claro para revertir esta situación.
En primeiro lugar un plan de mobilidade interparroquial, acordando un convenio co sector do taxi, "ComparteTaxi"; para poñer a disposición das persoas que o precisen, un servizo de acompañamento para realizar compras e xestións en conxunto. Así como poñer a disposición rutas de microbuses semanais e para datas concretas como as feiras e outros eventos co mesmo fin.
OULETVILADECRUCES: un proxecto ambicioso, no que dende o goberno crearemos un convenio con marcas recoñecidas que aposten por persoas emprendedoras a través do asesoramento, conseguindo dinamizar locais de alugueiro, e ampliando a oferta comercial para complementar a xa existente, que fará que a xente veña a Vila de Cruces.
Información, Orientación Laboral, Asistencia e asesoramento empresarial, novas tecnoloxías e venda online, será outro pilar do proxecto OULETVILADECRUCES.
Organización de actividades e eventos económicos (feiras sectoriais/ profesionais)
Revitalizar as feiras do 4 e 17, complementandoas coa creación de feiras de producto local, (quincenais, sábados da segunda e cuarta semana de cada mes) na praza de abastos, con actuacións, degustacións, feiras temáticas e transporte público, involucrando a todos os sectores económicos, producción e transformación, hostalaría, comercio, transporte e cultura, co fin de favorecer a economía circular.
Aproveitar a praza de abastos como motor dinamizador do comercio local e o seu potencial para xerar oportunidades de autoemprego e o desenvolvemento de campañas comerciais en colaboración co comercio e dinamización das rúas.
Dotar de espazos con aparcadoiros disuasorios, que faciliten á veciñanza das parroquias lugares cómodos para aparcar, xa que o comercio local vive das nosas parroquias.