O BNG PROPÓN ACONDICIONAR A CARIXA E OBRIGAR A CUMPLIR O CONTRATO DO CHIRINGUITO

A área recreativa máis concorrida da comarca debe ter os seus servizos a pleno rendemento a estas alturas, asegura o portavoz nacionalista Alex Fiuza.

Trala renuncia á prórroga da anterior concesionaria do chiringuito B da Carixa, xa ás portas do verán de 2022, a capacidade de reacción debía ser inmediata por parte de quen goberna. O BNG leva a pedir dende o ano pasado en reiteradas ocasións buscar unha solución. Mentras o concello non tramite ese novo concurso debe manter os baños dese lado abertos e en condicións de limpeza.

Di Alex Fiuza, que se debe buscar de xeito urxente a fórmula para sacar a concurso dito local. Debería estar aberto na semana e tamén no verán.

Tamén se traslada a necesidade de repoñer un columpio de bebés que foi retirado hai un par de meses. O motor das piscinas está actualmente sen tapa. A cadea que impedía o acceso aos coches no lado novo está rota dende hai meses. 

Á súa vez, o BNG pide ao goberno que se fagan cumplir as cláusulas da concesión do chiringuito das piscinas. Debería estar ofrecendo o servizo de atención ao público dende o 1 de Abril dando cobertura durante a Semana Santa, así como que se limpen as papeleiras e os baños. Son uns mínimos de salubridade e boa imaxe. 

 

O NOVO FIRME DAS PISCINAS DEBE SER REVISADO E MELLORADO.

Tralo fiasco da reforma das piscinas do 2022 actualmente está totalmente agrietado e precisa de posta a punto. Parece mentira que alguén que xubilou tan ben grazas á obra pública, non sexa quen de facer unha supervisión para corrixir eses erros.

Tamén se pide a retirada do céspede artificial que da acceso ás mesmas, xa que pode ser un foco de fungos e infeccións. 

Na primavera comezan as excursións de colexios que paran na Carixa a comer, o concello debe ofrecer unha imaxe coidadosa co seu entorno.