VILA DE CRUCES, REFERENTE TURÍSTICO RURAL E DE INTERIOR

Fomentaremos a chegada de visitantes ao Concello dende a implementación do programa “#CoñeceasCruces”, asinando convenios de colaboración con outros concellos de Galiza, fomentando o turismo patrimonial, natural, cultural e de augas mineiromedicinais.

O BNG de Vila de Cruces aposta por unha xestión turística do concello planificada, atendendo artelladamente todas as áreas implicadas buscando incidir na singularidade e riqueza do mesmo, para convertir ao concello no epicentro galego do turismo rural e de interior.

 

Fomentaremos a chegada de visitantes ao Concello dende a implementación do programa “#CoñeceasCruces”, asinando convenios de colaboración con outros concellos de Galiza, fomentando o turismo patrimonial, natural, cultural e de augas mineiromedicinais. 

 

Así mesmo, conscientes dos recursos hídricos do noso concello e da súa excepcionalidade, crearase unha comisión de dinamización do turismo acuático con actividades deportivas e de recreo. Fixando o punto de atracción principal no Deza, o mellor río de “augas bravas” de Galiza e un dos máis afamados a nivel europeo, sen esquecernos das oportunidades acuáticas que nos ofrece o encoro de Portodemouros, achegando o turismo internacional a Vila de Cruces, fomentando as actividades deportivas e promovendo o turismo en período non estival.

 

Todas estas iniciativas vanse abordar acompañadas de medidas que garantan un turismo respetuoso co medio e coas persoas que nel viven. Co Plan de Sostibilidade que comprende medidas de aforro e eficiencia enerxéticas, sinalización intelixente integrada na paixase permitindo acadar información do espazo, dos comercios e da hostelería da zona sin dano para a contorna,  con campañas de concienciación e difusión, e sistemas de avaliación de impacto que permitan facer melloras nos diferentes plans de acción, procurando unha transición sostible do sector turístico do noso concello.