presentación
Novas
montaxe de fotos de ecos da comarca

O BNG DA A COÑECER A TRES INTEGRANTES MÁIS DA SÚA CANDIDATURA, CRISTINA FERNÁNDEZ, JAVIER GONZÁLEZ E CLARA SANTISO

O candidato Alex Fiuza agradece o compromiso e traballo incansable da responsable Local Cristina Fernández, a cal foi un forte pilar para asentar un grupo de traballo estruturado e organizado durante estes catro anos. Tamén sinte un orgullo enorme pola grande labor no ámbito da igualdade e a educación que desenvolve Clara, “ coa que me sinto especialmente identificado xa que compartimos dúas paixóns, a educación e o deporte, en concreto a S.D.Cruces”.

Alex Fiuza tamén quere destacar a incorporación á candidatura de Javier González Budiño, unha persoa cun fondo coñecemento do mundo gandeiro, que enriquece un proxecto pensado para as persoas e para un concello que precisa de ferramentas para poder explotar os seus recursos e potenciais.

Ler novas
Novas
montaxe das fotos: ecos da comarca

PRESENTACIÓN DE 3 MEMBROS DA LISTA DO BNG DE VILA DE CRUCES

“O BNG preséntase a estas eleccións con persoas que apostan por asentar a súa vida en Vila de Cruces, xente con experiencia na organización e tamén no concello, como Carlota Salgado (actual concelleira) e Paula Rivela (coresponsable comarcal de finanzas), xunto con incorporacións de relevancia como Eduardo Rial, que ocupará o número 5, para construír un goberno que mire pola xente, deixando atrás personalismos e pensamentos egoístas que van en contra das necesidades da veciñanza.”

Ler novas