Proxecto Cruces
O BNG CREARÁ UN PLAN DE VIVENDA PARA QUE A XENTE QUEDE EN VILA DE CRUCES
04/maio/2023
“Os 657 fogares sen habitar en Vila de Cruces son unha enorme oportunidade para atraer poboación ao noso concello, para provocar un crecemento gradual e sostible da poboación, que deben ir acompañados de dotación de equipamentos e servizos ás 3.493 vivendas que hai na actualidade en Vila de Cruces” afirma o candidato á alcaldía polo BNG, Alex Fiuza.