A BARCAZA DE PORTODEMOUROS DEBE GARANTIR, POR CONTRATO, O SERVIZO OS 365 DÍAS DO ANO.

A empresa Naturgy rise na cara dos usuarios coa complicidade de quen desgoberna na Xunta.

O deputado Mini Rivas volverá esixir responsabilidades no Parlamento, e dende o grupo municipal ofrecémonos a participar dunha reunión coa consellería que debe ser solicitada canto antes por parte do goberno municipal.

A empresa Naturgy rise na cara dos usuarios coa complicidade de quen desgoberno na Xunta.

O voceiro Alex Fiuza afirma que este servizo non se pode permitir o luxo de pararse nin tan sequera unha semana, xa que a empresa concesionaria ten a obriga de garantir o servizo os 365 días do ano.

Por iso, califica o parón dun mes, do 7 de novembro ao 7 de decembro como un acto indecente, xa que no caso de ter que facer unha inspección ou reparación debe ser inmediata, triplicando os turnos dos operarios se é preciso, mais os prazos débense recurtar todo o posible.

Despois dunha semana parada por unha avaría repetida mes si e mes tamén, non se piden permitir o luxo de deixar aos usuarios sen o servizo, cando hai veciñanza que ten que realizar labores agrícolas a ambos lados do río.

Álex Fiuza esixe responsabilidade ao alcalde, que deixei de vacilar aos veciños e que esixa a reunión coa consellaría de infraestructuras, onde poida participar a Asociación de Afectados da Barca.

Pola parte do BNG, "anunciamos que o deputado Mini Rivas volverá esixir responsabilidades no Parlamento, e dende o grupo municipal ofrecémonos a participar dunha reunión coa consellería que debe ser solicitada canto antes por parte do goberno municipal."