O BNG CUESTIONA A XESTIÓN FINANCEIRA DE TABOADA E APOSTA POLO RIGOR E A TRANSPARENCIA NAS CONTAS MUNICIPAIS

O descontrol financeiro do goberno de Vila de Cruces conleva á desconfianza por parte das empresas para poder seguir prestando os seus servizos á entidade municipal. 

O BNG CUESTIONA A XESTIÓN FINANCEIRA DE TABOADA E APOSTA POLO RIGOR E A TRANSPARENCIA NAS CONTAS MUNICIPAIS

Como xa vimos advertindo en reiteradas ocasións, no BNG, a pesar do escurantismo do desgoberno,  somos coñecedores de parte da débeda que o equipo de Luis Taboada lle está a ocasionar a varias empresas que prestan os seus servizos ao concello, con facturas pendentes de pago dos anos 2021 e 2022. E preguntámonos cales son os criterios de pago, xa que delegan a xestión financeira nunha asesoría externa, que nin tan sequera é de Vila de Cruces, en lugar de facelo na interventora, que é a funcionaria que se debe encargar destas competencias.
Dende o BNG vemos unha soa solución, e é que as contratacións e compras débense facer dende a transparencia, pola vía legal, con informes de necesidade e os pagos deben seguir rigorosamente a orde do rexistro de entrada. E isto non se está a dar, xa que as queixas que nos chegan da veciñanza poñen de manifesto este descontrol.
O BNG xa está a traballar nesta dirección, vén de solicitar unha relación das facturas pendentes de pago, e acceso ao rexistro municipal do último ano e medio das facturas presentadas polos distintos provedores, pedirá tamén a comparecencia do alcalde no próximo pleno ordinario para dar conta da débeda e os motivos que levan a esta lamentable xestión financeira.

O BNG CUESTIONA A XESTIÓN FINANCEIRA DE TABOADA E APOSTA POLO RIGOR E A TRANSPARENCIA NAS CONTAS MUNICIPAIS