RESPOSTA AO AGRADECEMENTO DO ALCALDE A NATURGY

Este pasado domingo, o alcalde de Vila de Cruces publicou nas redes sociais municipais unha noticia (a través do medio de cabeceira do seu asesor), agradecendo á empresa concesionaria do Encoro de Portodemouros por poñer uns postes de alumeado nos accesos á barcaza, que ao parecer lle pedira el persoalmente. Acompañaba ao texto unha foto do alcalde ao lado dun poste xa colocado.

RESPOSTA AO AGRADECEMENTO DO ALCALDE A NATURGY

Este pasado domingo, o alcalde de Vila de Cruces publicou nas redes sociais municipais unha noticia (a través do medio de cabeceira do seu asesor), agradecementos á empresa concesionaria do Encoro de Portodemouros por poñer uns postes de alumeado nos accesos á barcaza, que ao parecer lle pedira el persoalmente. Acompañaba ao texto unha foto do alcalde ao lado dun poste xa colocado (o que indica que se debeu enterar tarde e por iso non a sacou en plena obra de colocación, que sempre é máis chamativo).

Antes os gravísimos incumprimentos da empresa ao respecto da seguridade na mencionada zona, tanto nos accesos como na propia barcaza, chama poderosamente a atención que o primeiro que atende Naturgy sexa dotar de dúas decenas de postes para colocar as correspondentes farolas que consumirán enerxía e que cobrarán relixiosamente.  

O Portavoz Nacionalista Álex Fiuza, anima ao alcalde a pedir desculpas á veciñanza polas lamentables declaracións de agradecemento a empresa, propias de quen é forte e falso co pobo e brando e esquirol con quen vén de fóra a explotar os noso recursos e traer limosna. Estas declaracións non son máis que unha mofa dunha loita de décadas da veciñanza de ambos lados do Encoro, que levan reclamando unhas condicións de seguridade e servizos que a empresa nunca deu, cunha barcaza de desgüace que se avaría cada mes, con accesos sen iluminación e rampas que non cumplen o ancho de seguridade.

É deplorable que quen preside un concello, lle propoña a veciñanza como única alternativa para atallar o problema do paso da barca sexa unha manifestación, en lugar de solicitar a reunión coa CONSELLARÍA de infraestructuras que levan esixindo veciñas e veciños, para despois tratar de aproveitarse do esforzo de anos de reclamacións da veciñanza, así como do traballo do BNG. Fomos os que, a raíz da visita á zona do noso deputado Xosé Luis Rivas (Mini) en febreiro de 2021, trasladamos a través del, a problemática ao Parlamento, onde foi aprobada por Unanimidade a proposta para mellorar o servizo, onde se lle esixía á concesionaria que cumprise co acordado.

Este palanganeo público tan grande por parte dun alcalde ocupa non ten grande explicación, a non ser que os agradecementos sexan por outras cuestións que o escurantismo do Sr. Taboada non lle permita explicar. 

Dende o BNG propoñemos ao Sr. Taboada que en lugar de peloteo a esta empresa, se una á nosa proposta esixindo á concesionaria as actuacións necesarias para a mellora do servizo e que cumpran co acordo de adaptalo aos tempos que corren, ademais de que a nivel local se poña en marcha o acondicionamento do vial da Casela, que melloraría enormemente o acceso á barcaza, en lugar de tantas promesas incumpridas.

RESPOSTA AO AGRADECEMENTO DO ALCALDE A NATURGY