COMUNICADO SOBRE O MERCADO DE NADAL

WhatsApp Image 2021-08-03 at 22.21.46

O minigoberno de Xuntos volve fracasar noutra actividade por non escoitar aos sectores afectados e crer que só as súas propostas son as boas.

Dende o BNG apostamos dende un primeiro momento por escoitar as demandas destes sectores, e así o fixemos saber en repetidas ocasións. O comercio e demais negocios locais precisan aire fresco, e iso pasa por tres liñas de acción: formación, promoción e incentivación aos clientes para consumir no local. 

COMUNICADO SOBRE O MERCADO DE NADAL

Nestes días vimos de coñecer que se suspende o mercado de Nadal que se celebraría este domingo 19 de decembro, e en palabras do propio grupo de goberno, non se cubriron os postos mínimos para realizala. Un exemplo máis da lamentable xestión de alcalde e concelleiros. 

É evidente que as medidas polas que aposta o desgoberno para apoiar aos sectores máis perxudicados, xa non só pola COVID, se non tamén por décadas de abandono  de gobernos anteriores de Vila de Cruces non funcionan. 

Dende o BNG apostamos dende un primeiro momento por escoitar as demandas destes sectores, e así o fixemos saber en repetidas ocasións. O comercio e demais negocios locais precisan aire fresco, e iso pasa por tres liñas de acción: formación, promoción e incentivación aos clientes para consumir no local. 

O mercado de Nadal non sae adiante porque nin se promociona, nin se plantexa nada novidoso que se lle faga atractivo aos propios comerciantes locais. 

O pasado sábado 11, na actividade de cantos de Taberna, actividade que podería atraer a xente doutros concellos, nin se elaborou o suficiente, e nin tan se quera se contou con todos os bares que lles houbera gustado participar, e dende o BNG non entendemos cal é o criterio polo que negocios interesados en participar, quedaron fora desta actividade. 

E por último, a liña de axudas directas a negocios e empresas locais polo COVID, sempre mantivemos que non son a solución de nada, máis que para un desafogo puntual dos negocios, que loxicamente recibirían cos brazos abertos, máis de seguro que agradecerían ter un goberno capaz de crear as ferramentas e buscar os medios para revivir o concello, xerando sinerxias con actividades económicas que sumen e, que dean a coñecer os nosos negocios e os nosos productos locais.

COMUNICADO SOBRE O MERCADO DE NADAL