Novas
COMUNICADO SOBRE O MERCADO DE NADAL
17/dec./2021
O minigoberno de Xuntos volve fracasar noutra actividade por non escoitar aos sectores afectados e crer que só as súas propostas son as boas.
Dende o BNG apostamos dende un primeiro momento por escoitar as demandas destes sectores, e así o fixemos saber en repetidas ocasións. O comercio e demais negocios locais precisan aire fresco, e iso pasa por tres liñas de acción: formación, promoción e incentivación aos clientes para consumir no local.