A DEMOCRACIA É TRANSPARENCIA, TABOADA NON A PRACTICA, E O SEU ASESOR SÁBEO

O concepto de democracia do señor Taboada queda en evidencia coa presentación duns orzamentos sen consensuar coas demais forzas, fora de prazo, e despois de 3 anos con eles prorrogados, estando nun goberno claramente en minoría pola súa falta de palabra, e por interpretar os resultados electorais e democráticos á súa conveniencia.

A DEMOCRACIA É TRANSPARENCIA, TABOADA NON A PRACTICA, E O SEU ASESOR SÁBEO

Vemos que a capacidade de reacción do alcalde e o seu asesor vai con retrasoo, necesitaron o seu tempo para botar balóns fora, e culpar a Fiuza do que fai ou deixa de facer a máxima autoridade do concello.

Unha boa fórmula de camuflar o cheiro que emana este proceso selectivo, é non dar resposta ás preguntas que dende o BNG lle formulamos, como: Porque non substitúe ao persoal do tribunal que presenta a renuncia por funcionarios do propio concello, perfectamente cualificados? Porque a elección dunha funcionaria de Antas de Ulla? Cal é a relación que o alcalde ten con este concello? Ou por que suspende o proceso de selección en lugar de pospoñelo  ata a designación dun novo tribunal? Xa que o feito de suprimir o proceso, afecta ás persoas aspirantes que adicaron o seu tempo e cartos para acceder a este posto.

O nerviosismo denótase en Taboada a través do seu asesor cos seus comunicados cheos de carraxe e sen coñecemento algún do noso concello. Este nerviosismo do que fala o señor Taboada faise público en vistas de novas eleccións municipais, xa que veu pasar 4 anos onde o seu maior mérito foi a redución de mesas electorais, a redución de servizos, a falta de empresas que non poden asentarse en Vila de Cruces por falta de chan industrial, que nin intentou promover, e despois de anuncialo a bombo e prato na anterior campaña, onde presumia de ter amigos dispostos a asentar empresas no noso concello.

E falando de amigos, quere aclararlle a Luis Taboada, que o portavoz nacionalista, Fiuza, se leva ben con moitas persoas e con toda a veciñanza de toda cor política, e tamén con varias persoas que se presentan a este proceso e a outros moitos, non coma el, que foi quen, Taboada, de morder a man que lle deu de comer durante tantos anos.

A DEMOCRACIA É TRANSPARENCIA, TABOADA NON A PRACTICA, E O SEU ASESOR SÁBEO