O BNG considera que os edificios de titularidade pública deben ter un uso

PROPOSTA DE USO DAS INSTALACIÓNS PÚBLICAS

O Concello de Vila de Cruces posúe bens inmobiliarios baixo a súa titularidade para os cales é urxente fabricar unha canle de acción. Actualmente existen: as antigas casas dos mestres reformadas como centro multifuncional, casa do conserxe desafectada hai pouco en pleno, edificio do matadoiro de galos en Vila de Cruces xa en estado ruinoso e a casa da Carixa adquirida en propiedade xunto cos terreos, entre outras.

O BNG solicita habilitar unha vía de acción para achegar estas instalacións a proxectos cidadáns de emprendemento que están precisando de espazo físico para desenvolverse. Todo isto é un claro exemplo da pésima xestión e da falta de proxecto do gobeno local ocupa de Vila de Cruces.

Neste sentido o BNG ten proxecto para o uso destas instalacións e somos coñecedores do interese por parte de certos colectivos que poderían dar uso a estes espazos, entre os que se encontramos o club Caiac Extemo Galicia que chegaron ata Vila de Cruces para presentar o seu proxecto.

A día de hoxe e dende hai por enriba de 30 anos, existe un potente movemento de piragüismo no noso concello. A Real Federación Española de Piragüismo avala o caiac dende Marzo de 2021. Actualmente temos o club de Caiac Extremo Galicia constituído por máis de 30 membros da xeografía galega e outros moitos de diferentes lugares de Europa. Galicia é destino invernal dos mellores piragüistas mundiais e conflúen usuarios de múltiples nacionalidades europeas. O río Deza ao seu paso por Merza é o que máis veces se rema ao ano debido ás súas características, xa que a cunca que verte nel, retén a auga máis tempo que calquera outro en todo o país. Por isto que é un lugar habitual de reunión para a práctica deste deporte. No tramo “Deza Baixo” rémase ata Gres. Tamén se rema o Arnego. O espazo xeográfico e natural implicado neste proxecto de caiac é de grande interese para a veciñanza así como para dar a coñecer unha dimensión descoñecida da nosa paisaxe e da nosa identidade.

O club mencionado Caiac Extremo Galicia precisa dun espazo físico ao que aterse como punto de encontro e no que poderían desenvolver cursos de iniciación para a rapazada, xornadas de limpeza do río, traballos gráficos para o turismo describindo o tipo de río así como dificultade por tramos e organización da concentración anual na que converxen máis de 20 nacionalidades europeas.

Tendo en conta as condicións de localización da Casa da Carixa e sendo un ben inmobiliario de titularidade municipal en desuso e en estado de abandono, o BNG de Vila de Cruces quere propor que poidan asentarse con sede neste espazo, creando un pulo no deporte e no turismo para Vila de Cruces así como un movemento veciñal de colaboración e fomento da práctica do caiac entre usuari@s que teñan interese en iniciarse neste deporte. 

O BNG quere dar un pulo forte a proxectos desta natureza pois supoñen unha posta en valor do respecto ao medio ambiente, ó deporte, á cultura plural e ó turismo. Espazos onde conflúen estas ideas supoñen un obxectivo importante a acadar para o noso Concello, creando así un lugar de interese para quedar a vivir e tamén receptor de novas persoas. O BNG reclamará ó goberno dar uso a estas instalacións e poñer fin a esta parálise que sofre Vila de Cruces. Queremos facilitar a tódalas asociacións e clubs que saquen adiante os seus proxectos.