proxectoBNG
Proxecto Cruces

FIUZA COMPRÓMETESE COAS TRABALLADORAS DO S.A.F. A REGULAR A SITUACIÓN LABORAL, ASÍ COMO A AMPLIACIÓN E DIVERSIFICACIÓN DO SERVIZO

O BNG aposta por ampliar e diversificar a oferta de atención ás persoas maiores, e velar polos dereitos das mulleres traballadoras dun sector tremendamente precarizadas.

Actualmente o servizo de SAF que ofrece o concello de Vila de Cruces dase a través dunha concesión privada, atendendo ao redor de 45 usuarios, e cunha lista de agarda que duplica o servizo.

Ler novas
Proxecto Cruces

O BNG RECLAMA UNHA NOVA BARCA QUE GARANTA O SERVIZO PERMANENTE E A SEGURIDADE DOS USUARIOS

Comprométese a nivel municipal para a mellora das estradas que dan acceso ao Ferri, A Casela e Reboredo.

Logo da resolución da Valedora do Pobo a respecto das actuacións en Portodemouros para garantir un servizo permanente e axeitado aos tempos actuais, o BNG acusa á Xunta de Galiza e a Augas de Galiza de favorecer os interese de Naturgy en detrimento dos dereitos da veciñanza do noso concello. 

Ler novas
Proxecto Cruces

A ASAMBLEA DO BNG DE VILA DE CRUCES ELIXE A FIUZA PARA VOLVER ENCABEZAR A CANDIDATURA DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO MES DE MAIO

A asamblea do BNG de Vila de Cruces elixíu novamente e por unanimidade a Fiuza como o candidato, cabeza de lista, para concorrer ás próximas eleccións do mes de maio.

Tratouse dun proceso aberto, onde a militancia volveu a depositar a súa confianza no actual protavoz nacionalista. A asamblea valorou positivamente o traballo realizado durante este mandato polo grupo municipal. Un mandato marcado polo incumprimento do pacto de cogoberno por parte de Taboada. 

Ler novas
Novas

PLAN CONCELLOS 2022- 2023

Co comezo do ano, o BNG de Vila De Cruces presenta unha batería de propostas para o Plan Concellos 2022-2023 na liña 1 de investimentos, co fin de cubrir unha serie de demandas veciñais e co obxectivo de apostar por un modelo diferenciador para o concello, que coloque a Vila de Cruces como exemplo de concello rural con futuro. 

Ler novas
Novas

PROPOSTA DE USO DAS INSTALACIÓNS PÚBLICAS

O Concello de Vila de Cruces posúe bens inmobiliarios baixo a súa titularidade para os cales é urxente fabricar unha canle de acción. Actualmente existen: as antigas casas dos mestres reformadas como centro multifuncional, casa do conserxe desafectada hai pouco en pleno, edificio do matadoiro de galos en Vila de Cruces xa en estado ruinoso e a casa da Carixa adquirida en propiedade xunto cos terreos, entre outras.

Ler novas