LUIS TABOADA TEN CONVERTIDO O CONCELLO NO SEU CHIRINGUITO COS CARTOS DA VECIÑANZA

O BNG DE VILA DE CRUCES DENUNCIA O GASTO EXCESIVO E INNECESARIO EN ASESORES

A situación de oscurantismo na xestión económica de Vila de Cruces, alcanza o seu auxe despois de catro meses sen acceso ás relacións de facturas pagadas por decreto de alcaldía. Máis de 750.000€ de gastos, nas que destacan máis de 50.000€ en pagos a asesores externos e empresas vencelladas aos mesmos. 

O BNG DE VILA DE CRUCES DENUNCIA O GASTO EXCESIVO E INNECESARIO EN ASESORES

O pasado 28 de decembro puidemos ver once novas relacións (despois de catro meses sen acceso ás mesmas), con máis de 750.000€ de gastos, nas que destacan máis de 50.000€ en pagos a asesores externos e empresas vencelladas aos mesmos. Non son unha inocentada, son exemplo da xestión chapuceira de Taboada.

 

Son destacables as facturas da asesoría financieira externa, que ademais de cobrar todos os meses 1.482 €, súmase unha nova factura de 4.235€ pola elaboración dos supostos orzamentos municipais de 2023,un reflexo de incompetencia absoluta e de falta de proxecto para o concello por parte de quen nos goberna.

 

Tamén resaltar os 15.000 € que leva cobrado o asesor de comunicación por publicidade no seu medio de cabeceira, gabinete de comunicación... Dende o BNG chócanos a capacidade camaleónica desta empresa, a cal é quen de elaborar notas de prensa totalmente partidistas para compartir dende as redes sociais do Concello de Vila de Cruces, ata de facer cursos de pilates ou imprimir calendarios.

 

Aparecen tamén, nestas relacións de facturas unha nova empresa de asesoramento de urbanismo e arquitectura, que nos últimos cinco meses leva cobrado máis de 9.000 €, que se suma aos 1.500€ que cobra mensualmente a técnica de urbanismo posta a dedo, para a cal se debería ter sacado unha plaza a concurso en 2019, ou os 10.000€ de asesoramento xurídico.

 

Todos estes gastos, destacan sobre os cero euros invertidos en desenrolo de chan industrial, na insignificante inversión en traídas de auga para as parroquias, ou no nulo investimento para desenvolver campañas de apoio ao comercio local e hostalaría como vimos solicitando durante anos, e que nestas datas de Nadal, con media vila levantada polas obras, era tan necesario facer. 

 

OS ORZAMENTOS SON O REFLEXO DO PROXECTO QUE UN GOBERNO QUERE PLASMAR PARA O SEU CONCELLO, e que quen nos goberna teña que encargar UN PRESUPOSTO A UNHA EMPRESA EXTERNA É UN FIEL INDICATIVO DA MAIOR INCOMPETENCIA QUE SE PODE VER NUN GOBERNO MUNICIPAL. 

O BNG DE VILA DE CRUCES DENUNCIA O GASTO EXCESIVO E INNECESARIO EN ASESORES