FIUZA ESIXE RESPONSABILIDADES A TABOADA E MIREYA OTERO

As facturas que reclama o BNG algunhas son de 2021, e outras de 2022, as cales nunca foron a pleno. 

A propia concelleira ten recoñecido en pleno non ter coñecemento destas facturas.

FIUZA ESIXE RESPONSABILIDADES A TABOADA E MIREYA OTERO

Fiuza pide que deixen de enganar, e recórdalles que repetir constantemente que a culpa é do BNG, non os exime de responsabilidade. 

As facturas que non cumplen os procedementos legais das que falan Taboada e Mireya foron aprobadas coa abstención do PP, mais as que o BNG está a reclamar son facturas pendentes de recoñecer, de empresas de Vila de Cruces e de exercicios pasados, que non cobraron porque Taboada, preferiu ter o pago ao día do asesor de comunicación e o seu compendio de empresas, a técnica de urbanismo enchufada ou a asesoría externa financeira.

FIUZA ESIXE RESPONSABILIDADES A TABOADA E MIREYA OTERO