O BNG COMPROMÉTESE POR UN NADAL PRODUCTIVO E DIFERENCIADOR

Para o BNG é importante achegar o lecer á veciñanza e cun amplo abano de opcións, involucrando ós colectivos veciñais.

Álex Fiúza aposta por unha Vila de Cruces cun Nadal local e auténtico.

#EnNadalMercaNoComercioLocal é a campaña que comezamos o BNG de Vila de Cruces co fin de expoñer á veciñanza o seu compromiso por crear un clima axeitado e atractivo, onde poder disfrutar de diferentes alternativas lúdicas para todas as idades, e crear incentivos para negocios e así atraer público que se achegue a consumir no comercio local e de proximidade.

As iniciativas que se propoñen conlevan a dinamización da vida social e cultural co fin de revitalizar o comercio local. As iniciativas van dende vales desconto como o “ticket consume local” no que participarían tanto a hostalería coma os comercios, que premiaría nun sorteo a toda a clientela que merque durante estas datas en Vila de Cruces. Outra das medidas ten que ver coa creación do Mercadiño de Natal, co fin de promocionar o producto de proximidade, como a producción avícola e productos da horta, financiando o concello unha porcentaxe da compra. Por outra banda a celebración do Feirón Creativo de Nadal como punto de venda e exhibición do tecido artístico de Cruces, no que tamén habería cabida para talleres de creación adicados a nenas/os e xuventude, para as cales, carecemos dunha programación concreta e atractiva.

Ademais o BNG propón dinamizar as portas exteriores dos comercios, casas, edificios de toda a veciñanza, con premios para as máis creativas.

Nadal tamén nas parroquias:

Todos os anos por estas datas o BNG reclamamos a instalación de luces e ou elementos decorativos nas parroquias, unha reclamación popular que nos chega dende todos os puntos do concello, e que un ano máis o goberno volve a esquecer.

Ademáis disto, queremos amosar o noso interese polas parroquias e polo seu potencial natural, patrimonial e turístico, propoñendo Rutas de Nadal, con concursos de decoracións sustentables nas parroquias que desexen participar.

O BNG apostamos por un Nadal orixinal e con obxectivos claros.

Necesitamos revitalizar a nosa vila, atraer á nosa xente e a toda aquela que nos visite, por apostar por un Nadal diferente a todos.