O BNG DE VILA DE CRUCES APOSTA POR UN PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS E COMPOSTAXE LOCAL
A situación que se está a vivir no concello coa recollida do lixo non se pode manter no tempo, xa que ocasionará graves sancións para o municipio. A xestión por parte do goberno é totalmente nula, contedores sen limpar dende a pandemia, parroquias ás que se lle recolle o lixo cada 15 días no mellor dos casos, e sen ningún tipo de recollida en datas sinaladas como aconteceu en Loño e Arnego entre outras, que vieron os contedores desbordados durante todo o Nadal.

Ademais, o concello de Vila de Cruces atópase adherido ao plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra dende hai 4 anos, nos cales nin tan sequera o goberno se achegou para comezar a primeira fase do plan. Ben é certo que este problema da xestión de residuos non é algo do que se fale a diario a pé de rúa, por iso os gobernos que van pasando nunca fixeron nada ao respecto. Mais é fundamental ir dando pasos nesta dirección, xa que de non facelo, acabarase buscando unha solución de urxencia que repercutirá directamente en maiores custos para a veciñanza, privatizando servizos que teremos que pagar todos e todas.
Por estes motivos o BNG sinte prioritario avanzar na mellora do servizo de recollida de lixo e crear un Plan para a Xestión de Residuos e Compostaxe Local, que beneficiará á veciñanza, en especial ao sector agrogandeiro, e grandes productores de bioresiduos como restaurantes ou supermercados. Ademais, a nivel económico creará postos de traballo.
Este tipo de plan está a funcionar en moitos concellos gobernados polo BNG como Allariz ou As Neves, plantexado para diversos obxectivos, como son a reducción de envases, a transformación dos bioresiduos en compost tanto para producións agrícolas, como para os espazos verdes municipais, e tamén como modelo para traballar a educación ambiental nos centros educativos do municipio.
Así, mediante este plan e pequenos cambios na xestión do punto limpo, estaríamos avanzando cara a un concello máis ecolóxico, libre de vertedoirosq incontrolados e cunha xestión de resíduos óptima repercutindo no medio ambiente e na calidade de vida das persoas.