A ASAMBLEA DO BNG DE VILA DE CRUCES ELIXE A FIUZA PARA VOLVER ENCABEZAR A CANDIDATURA DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO MES DE MAIO

A asamblea do BNG de Vila de Cruces elixíu novamente e por unanimidade a Fiuza como o candidato, cabeza de lista, para concorrer ás próximas eleccións do mes de maio.

Tratouse dun proceso aberto, onde a militancia volveu a depositar a súa confianza no actual protavoz nacionalista. A asamblea valorou positivamente o traballo realizado durante este mandato polo grupo municipal. Un mandato marcado polo incumprimento do pacto de cogoberno por parte de Taboada. 

A ASAMBLEA DO BNG DE VILA DE CRUCES ELIXE A FIUZA PARA VOLVER ENCABEZAR A CANDIDATURA DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO MES DE MAIO

A responsable local, Cristina Fernández, deu conta de todo o traballo realizado durante este mandato, con máis de 70 mocións en 22 plenos. Ademais de diversas iniciativas que se trasladaron ao Parlamento Galego, como a denuncia pola posible perda do servizo de pediatría, con máis de 1.500 sinaturas da veciñanza que o reclamaron, ou a proposta non de lei para a mellora do Ferri de Portodemouros. 

A formación do BNG valorou moi positivamente o traballo do consello local, que non fixo máis que medrar   nestes últimos anos, e consideran estar "no mellor momento para liderar o verdadeiro cambio que precisa Vila de Cruces, despois de catro anos de transición e ilusións frustradas debido a un goberno continuista, e que para nada cumpríu co obxectivo que o pacto de 2019 requiría, que non era outro que rematar coas políticas caciquís e aportar aire fresco para rexurdir Vila de Cruces".

AFRONTAR O FUTURO CON ILUSIÓN E COMPROMISO

O BNG de Vila de Cruces afronta os próximos comicios coa ilusión de conseguir un futuro mellor para o concello onde queren vivir, e o compromiso de entrar a gobernar sen ataduras nin enfrontamentos persoais, co obxetivo de gobernar en igualdade e para todas as persoas defendendo o interese xeral".

O proxecto que o BNG presentará ante a veciñanza irá dirixido á mellora das infraestructuras no rural como as traídas de auga, mellora nas telecomunicacións, mellora de camiños..., a dar alternativas para a xuventude e mellores servizos para as persoas maiores, as eternas esquecidas, ao desenvolvemento do chan industrial, a ofertar un turismo de calidade que atraia á xente a Vila de Cruces, a innovacións no ámbito rural que convirtan as nosas parroquias en modelo rural, e a que o concello se posicione frontalmente en contra dunha invasión eólica que ameaza co despoboamento e o expolio do noso territorio. Este programa  é totalmente aberto á participación veciñal.

Fiuza anima á veciñanza a "apostar pola única alternativa que se posiciona ao seu carón, sen intereses nin enfrontamentos persoais, que mira polas necesidades xerais da veciñanza". E ramata dicindo que " o BNG afrontamos unhas eleccións con máis madurez e experiencia e cunha proposta ilusionante que deixe atrás a frustración de non ter acadado o cambio agardado neste mandato, e co obxetivo de poñer Vila de Cruces como referencia do centro do país".

A ASAMBLEA DO BNG DE VILA DE CRUCES ELIXE A FIUZA PARA VOLVER ENCABEZAR A CANDIDATURA DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO MES DE MAIO