BNG MANTIVO UNHA ASAMBLEA EN CARBIA PARA TRATAR TEMAS DE ACTUALIDADE.

Screenshot_2023-02-02-14-54-49-39_6012fa4d4ddec268fc5c7112cbb265e7

"Achegamos documentación á asociación CARBIA DEFÉNDESE sobre os parques eólicos, e amosamos o noso compromiso para mellorar a parroquia". Afirma Fiuza.

BNG MANTIVO UNHA ASAMBLEA EN CARBIA PARA TRATAR TEMAS DE ACTUALIDADE.

Achegóuselle información de relevancia sobre o Parque Eólico de Mesada, o cal acaba de sair o informe favorable de impacto medioambiental, trasladando así, o compromiso do BNG para poñerse a carón da veciñanza e parar este expolio das eólicas avalado pola Xunta e o PP.

Ademais tratáronse temas de interese da parroquia, e os distintos obxectivos que o BNG quere cumplir en Carbia, co fin de mellorar servizos e comunicacións, como é a mellora do acceso ás Escolas Vellas e a ampliación do aparcadoiro, así como a renovación do parque infantil xunto á igrexa. 

Outros dos asuntos que o BNG se comprometeu a mellorar foron, a catalogación e posta en valor de fontes e lavadoiros ao longo do Concello de Vila de Cruces.

En Carbia podense atopar unha gran  cantidade de regueiros, humidais, mananciais, fontes e lavadoiros. Na loita contra a depredación eólica, a defensa deses mananciais e humidais están sendo de grande importancia.

As fontes e os lavadoiros eran lugares de encontro social, tamén de traballo das mulleres. A súa posta en valor como ben social é un dos proxectos  que o BNG quere desenrolar.

Reparar o tellado da fonte e lavadoiro de Pastoriza, lavadoiros de Abealla e do Pousadoiro, que trae auga do Seixo. Arranxo da fonte do Casal, da fonte da Pena, de Covas e da fonte da Ortiga. Todo iso acometendo a mellora das contornas para facilitar o seu acceso e apoiar a idea de volvelos converter en puntos de encontro confortables, limpos e atractivos.

"Ademais, cremos imprescindible coñecermos o estado das nosas augas, por iso vemos importante a súa análise periódica e posta pública dos resultados ante a veciñanza."

Mellora nas comunicacións.

O paso do tempo, fan que as pistas e estradas que comunican os distintos lugares do concello estean fortemente deterioradas.

"Para mellorar esas comunicacións vemos importante levar a cabo a mellora da corredoira que permite o acceso a Pastoriza, o acceso a Abollo dende as Escolas Vellad, a pista de Abealla a Covas e a pista do Casal que vai cara á Pena. 

Melloras levadas a cabo con transparencia, segundo a lei, cos informes de necesidade e os proxectos correspondentes que axuden tamén á perdurabilidade no tempo.

Mellora da contorna das Escolas Vellas, xa que os espazos sociais non só constan do edificio onde se desenvolven as actividades e reunións, senón que a súa contorna é fundamental para convertelos en espazos de acollemento.

Propoñemos a mellora da contorna das Escolas Vellas para facilitar o acceso peoníl, a ampliación do acceso e aparcadoiro.

BNG MANTIVO UNHA ASAMBLEA EN CARBIA PARA TRATAR TEMAS DE ACTUALIDADE.