PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO BNG DE VILA DE CRUCES E IDEAS FORZA
O BNG de Vila de Cruces da a coñecer a folla de ruta que levará a cabo a partir do vindeiro 28 de maio.
Trala confección da candidatura, onde se vincula a experiencia adquirida durante este último mandato dun equipo sólido e cun proxecto claro para Vila de Cruces, con Álex Fiuza como candidato á alcaldía, Carlota Salgado, Cris Fernández , Txetxu Sebio, Cris Costa, Clara Santiso, Beatriz Gómez (actual concelleira) que ocupará o posto número 11, sustituida por Paula Rivela no posto número 3, e o responsable comarcal Xoán Blanco co posto 13, en honra ao traballo realizado durante os últimos 24 anos, únense novos incorporacións como Eduardo Rial, Javier González, María Pedreira, Adrián Riadigos ou Manolo Lalín, xunto con Maica Couto, Bea Becerra e Fernando Anido convencidos e convencidas de que Vila de Cruces merece máis.
Merecemos unha xestión municipal transparente e eficaz
Poñendo a disposición da veciñanza o persoal municipal e os recursos públicos. Transparencia na contratación de persoal, obras e servizos, sen privilexios, utilizando os medios e redes sociais como informadores obxectivos. Orzamentos participativos, onde parroquias e colectivos tomarán decisións de futuro.
Merecemos servizos públicos e próximos ás persoas,
Acondicionaremos os centros educativos. Adaptaremos os plans de conciliación á demanda real. Impulsaremos un programa específico para a dependencia e o avellentamento activo, o fomento do voluntariado, asociacionismo e colaboración entre institucións.
Merecemos un rural vivo e conectado, mellorando as comunicacións, a mobilidade e os servizos do rural
Merecemos unha economía forte e oportunidades de traballo, apostando polo consumo responsable, a economía circular, o comercio local e a aposta por asentamento de poboación a través dun plan feito a medida para Vila de Cruces, onde ofrecer espazo para vivir e traballar, e aportando ferramentas para emprender no noso concello. E potenciando a nosa riqueza cultural, patrimonial e paisaxística, para que a xente que queira vir adrede a Vila de Cruces, teña oportunidades de coñecer o concello e a súa xente, e para que os nosos veciñas e veciños se sintan aínda máis orgullosos de pertencer a un concello cunha situación xeográfica inmellorable estratéxicamente. Con espazos públicos de calidade onde a mocidade, franxa de idade totalmente esquecida, teña unha oferta variada de opcións de ocio e formación.
E merecemos un concello que defenda o noso entorno, comprometido a non deixar que as grandes empresas especulen coa nosa riqueza.